Buscar este blog

martes, 2 de junio de 2015


Imos falar a cerca dunha interesante charla que recibimos hai pouco. Nesa charla, faláronnos sobre un tema moi presente na nosa sociedade, a sempre temida violencia de xénero.

 
A charla foi impartida pola presidenta da asociación  Enriqueta  Otero (As Quetas), Amanda Díaz Pérez ( psicóloga ). A foto anterior foi tirada da páxina da súa fundación.

Esta asociación ten o fin de defender os dereitos da muller e concienciar os mozos e adolescentes sobre a importancia do respecto e da igualdade de xénero.

A asociación está de acordo en que o mellor modo de previr esta clase de situacións é coa educación, pois, na actualidade produciuse un incremento do número de relacións persoais baseadas no poder, posesión e dominio entre adolescentes. 

Amanda comezou preguntando , moi amablemente, se tíñamos consciencia do que realmente era a violencia de xénero. Despois confesounos que non é un tema tan distante a nós, pois na nosa propia cidade pódense atopar casos. 

Para tentar explicarnos mellor este tema, decidiu mostrarnos unha curtametraxe
titulada " A orde das cousas " a cerca deste tema. 

Nesa curtametraxe cóntase o caso dunha parella nova, Xulia e Marcos, nun principio pódese chegar a pensar que é unha parella normal que prometeu " coidarse por sempre ". Nun momento dado, vemos a Xulia dentro dunha bañeira, Marcos pregúntalle de forma amable se viu por un casual o seu cinto, ela non fala. Despois, podemos ver a Marquiños, o fillo pequeno da parella, xogando cun avión de xoguete, o seu pai pídelle que o axude a buscar o seu cinto, o neno acercarse a bañeira onde se atopa a súa nai e atopa o cinto na auga, mira o corpo espido dela e atopa unhas marcas, o pequeno dáse de conta da situación e deixa o cinto onde o atopou sen falar, o seu xoguete cae ao chan e rompe, o pai promete arranxalo e déixao enriba dun tallo.

Na seguinte escena observamos que tanto pai como fillo medraron a causa dos anos, pero Xulia permanece igual, espida na bañeira, e o xoguete continua roto. O pai segue a buscar o cinto e o pequeno xa non lle axuda e decide marchar da casa, pregúntalle a Xulia por que non se marcha con el, ela segue sen falar e coa mirada dille que non pode marchar.

A continuación observamos que pasaron mais anos , e Xulia permanece igual. A parella recibe a visita de dúas parellas de familiares, nas dúas pódese observar un claro caso de violencia de xénero. Os homes mostran a súa superioridade rompendo unha copa e ao segundo as mulleres van a recoller os anacos rotos. Nun momento dado Marcos confesa que non atopa o seu cinto, e os homes dinlle que ameace a Xulia para que confese onde o esconde, practicamente obríganlle a que sexa un home. Unha das mulleres dille a Xulia que é mellor que non se resista a dicirllo porque senón é peor.
O pequeno Marquiños chama a casa, pero Marcos non llo colle. Marcos obrígalle a Xulia a falar a través da violencia.

Na última escena a bañeira desbordase cada vez máis e o cuarto de baño remata por encherse atrapando a Xulia e Marcos. Ela quitase a alianza e entrégalla a Marcos que volve a ser mozo e Xulia aparece nun mar aberto e camiña ata a beira deixando as súas pegadas na area.

Imos explicar as metáforas da curtametraxe :

 
-cinto: representa o poder masculino da sociedade.

- avión de xoguete: infancia rota.

- auga: angustia que medra cada vez mais.

- parentes: sociedade machista que exerce presión.

Podemos observar que Xulia e a única personaxe que permanece igual e non cambia cos anos, representando que non avanza na súa situación .

Na nosa conclusión a violencia de xénero non debería estar tan presente nos nosos días, pois iso indica que a sociedade non avanzou moito comparado a séculos anteriores onde non se tiña en conta a muller. Por iso é bo que xurdan asociacións que apoien e axuden a muller.